O Concello pecha esta tarde os parques pola previsión de fortes rachas de vento

O Concello de Lugo informa de que esta tarde, a partir das 18:30 horas, pechará ao público os parques da Milagrosa e Rosalía de Castro como medida de prevención para garantir a seguridade cidadá ante a alerta laranxa decretada na zona centro da provincia con motivo da borrasca Gisele, que poderá provocar segundo as previsións fortes rachas de vento de ata 100 quilómetros por hora.

A reapertura de ambos espazos públicos realizarase previsiblemente o xoves, aínda que podería ser antes, dependendo da evolución do fenómeno meteorolóxico adverso que afecta a toda a comunidade autónoma.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com