A Deputación de Lugo, dentro da súa liña de promoción da Costa lucense, subvenciona cursos de mergullo co fin de descubrir a riqueza submarina da Mariña.
Así o comunicou a Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, durante o bautismo de mergullo que tivo lugar o pasado sábado na piscina municipal de Frigsa, e co que se deu comezo a esta programación dirixida a preto de 500 participantes. Esta iniciativa está encamiñada a fomentar o deporte de auga, así como o estudo do fondo mariño da Costa lucense.
Lara Méndez, que estivo acompañada do Concelleiro de Deportes de Lugo, José Manuel Díaz Grandío, e o Presidente do Centro de Actividades Subacuáticas Costa Lugo, Julio Vázquez Pérez.
A Vicepresidenta explicou que coa achega provincial, aparte de subvencionar as actividades, finánciase tamén parte dunha zódiac, coa que esta asociación sen ánimo de lucro poderá continuar cos traballos de investigación.