O Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, supervisou a execución das obras de pavimentación dunha parte do Carril dos Fornos, no barrio da Tinería, que estaba en terra. Estes traballos, xa rematados, forman parte do proxecto co que o Concello tamén mellorou a mobilidade na beirarrúa da Ronda da Muralla.
A zona do Carril dos Fornos pavimentada sitúase en fronte a unhas vivendas, en concreto é a que se atopa fóra da delimitación das unidades de actuación urbanística UI-6 e UI-7, pois neste caso serán urbanizadas cando estas se desenvolvan.
As obras nesta parte da Tinería e na beirarrúa da Ronda da Muralla, executadas pola empresa Xestión Ambiental de Contratas, tiveron un orzamento conxunto de 46.800€, con cargo aos fondos da Área de Renovación e Rexeneración Urbana (ARRU) do casco histórico destinados a melloras de espazos públicos. O Concello achegou o 70% do investimento (33.200€) e o Ministerio de Fomento, o 30% (13.600€).