O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Manuel López, denuncia a situación que dende hai anos viven os veciños de Anguieiro, en Conturiz, que a diario conducen os seus vehículos por unha pista que só está asfaltada nun sentido de circulación, mentres que no outro, os coches circulan por “un camiño de terra e pedras”. O popular asegura que a imaxe que ofrece a pista é “catastrófica”.
Manuel López asegura que “esta é a preocupación” que os socialistas de Lugo teñen polas parroquias da zona rural, polo que esixiremos en comisión que se asfalte a totalidade da pista e que se dote esta pista de cunetas para evacuar a auga, xa que na actualidade carece delas.