Un paciente denuncia a través da plataforma Sanitaria da Mariña a espera de tres meses para facer unha resonancia a pesar de ter as sospeitas de contar cunha grave enfermidade arterial. O paciente, que xa padece unha enfermidade destas características, alega que precisa ser visto na consulta de cirurxía vascular no Hula para descartar unha obstrucción nsa arterias caróticas, patoloxía que sería catalogada como grave. Antes de acudir á consulta o paciente ten que facer unha resonancia que foi solicitada como preferente o 15 de decembro. O paciente anunciou que está disposto a acodir aos xulgados.
O pasado mes de febreiro, este paciente, contacta coa Plataforma porque nesas datas ainda non o chamaran para
facer esa proba preferente e presenta unha reclamación o día 26 de febreiro de 2018 con número de rexistro 404. ”Paréceme unha irresponsabilidade por parte da xerencia e da xestión das listas de agarda levar agardando 3 meses por unha proba preferente para confirmar se teño obstruídas as carótidas,enfermidade que é grave e que podería traer consecuencias importantantes para a miña vida e supervivencia”- manifesta o doente.
O paciente ante esta “absoluta falta de previsión nos tempos de agarda” por parte da xerencia e a incompetencia da mesma, anuncia que tomará as medidas legais oportunas e que fai responsable á mesma de todo canto lle poidera ocurrir desde a presentación da reclamación.” Necesito ir á consulta de vascular porque o problema que teño nas arterias é grave, teño medo de que me pase algo porque non estamos a falar dunha enfermidade leve, e mentras non teña feita a resonancia non me chaman para ir á consulta.Esperemos que isto non teña consecuencias para a miña saúde ou calidade de vida”- conclúe o paciente desesperado e atemorizado.
A Plataforma Sanitaria ve nas actuacións da dirección do centro sobre as listas de agarda un modus operandi establecido desde hai un tempo para desacreditar o sistema público sanitario e facilitar a desviación a centros privados.”Non se trata de envíos puntuais de pacientes cara a centros privados como aseguraba o xerente do HULA nunha entrevista na radio. Estamos a ver desviacións masivas de pacientes a facer probas diagnósticas ou procedementos cirúrxicos perfectamente asumibles polo Hospital da Costa, cara a centros privados que presionan ao goberno da Xunta para que xestione derivacións de forma xenérica”, declaran representantes da Plataforma Sanitaria.