As afectadas pola selección de persoal das residencias concéntranse en sinal de protesta

As persoas afectadas pola selección de persoal, levada a cabo por SUPLUSA, para as residencias da terceira idade que aínda non se abriron, concentráronse hoxe na entrada do Pazo de San Marcos en defensa dos seus dereitos. Segundo a Plataforma de Afectados/as pola selección do persoal das Residencias da Deputación, pretenden denunciar que son vítimas dun “mísero fraude, toda vez que agora tras a retirada da encomenda de xestión a Suplusa as persoas seleccionadas ficamos absolutamente desamparadas”, despois de ter participado nun proceso de selección convocado a través do BOP, e despois de que nos últimos meses se lles dixera que se ía respectar esa lista de selección.

Para os ao redor de 70 afectados, é un acto “indigno e cobarde” co que enganan ás persoas que están pendentesdun emprego. Dende a Plataforma denuncian, ademáis que, hai tan so un mes, o Presidente Darío Campos rexeitou unha petición de entrevista alegando que esa cuestión era competencia de Suplusa, “e agora un mes despois atopámonos con esto”.

“Resulta sorprendente que despois dun proceso de 7 anos, no que a Deputación dirixiu todo o proceso de posta en funcionamento das Residencias a través de Suplusa, agora diga que non responde á legalidade”. En plena crise, denuncian os afectados, convocan unha selección de persoal durante unha campaña electoral e agora deixan ás persoas seleccionadas en absoluta indefensión, “unha actitude propia de persoas miserentas e delicuentes”.

A Deputación culpa ao PP

Dende a Deputación aseguran que os traballadores desta selección nunca foron contratados porque “o PP dende a Xunta non quixo conceder os Permisos de Inicio de Actividade (PIA) para poder abrir as residencias e centros de día, que os dá cando quere en base aos seus intereses partidistas”. Despois de anos de espera, indica o executivo provincial, nas pasadas semanas concedeu o de Castroverde e onte mesmo o de Trabada. Con anterioridade á concesión destes permisos e durante a espera de anos polos mesmos, que continúa, “o Partido Popular, neste caso dende o Goberno Central”, aprobou a Lei de Orzamentos de 2017, vixente na actualidade.

Con esta normativa, fixou que organismos como Suplusa só poidan ter persoal temporal. “Como é lóxico, nas residencias requírese de persoal fixo pois esta é unha prestación social que ten continuidade no tempo”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com