O Vello Cárcere acolleu este venres dúas visitas de distintos centros educativos. Por unha banda, alumnado da Escola de Arte e Deseño Ramón Falcón, despois de admirar as coleccións Marionnettes e Retrospectiva, tiveron a oportunidade de manter un encontro co autor, o polifacético artista vasco Álvaro Ledesma.
Por outra banda, un grupo de nenos e nenas do colexio A Inmaculada, Maristas, fixo unha visita lúdica ás instalacións do centro cultural, na que se amosaron gratamente sorprendidos do contido das distintas exposicións que alberga.