Un incendio declarado nunha nave de material agrícola na Pastoriza provocou danos no seu interior, sen que ningunha persoa resultase ferida. Segundo os datos facilitados por 112 Galicia, o lume calcinou un tractor, parte do teito e as oficinas do local.
Os feitos ocorreron no lugar de Azougo, na parroquia de Bretoña, ao fío das 14:35 horas. Nese momento, o 112 Galicia recibía a chamada dun particular na que relataba que vía saír fume dunha empresa de material agrícola e escoitaba explosións. Engadía no seu relato que ningunha persoa se atopaba ferida.
A partir de aí, dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia informábase do incendio aos Bombeiros de Vilalba, á Garda Civil e a Protección Civil de Meira.