Lara Méndez expón na Escola Jaime Vera o modelo de xestión municipal socialista

A Alcaldesa de Lugo e Presidenta do PSOE na Provincia de Lugo, Lara Méndez López, participou en Madrid como ponente no taller Opinar ou Gobernar organizado pola Escola de Bo Goberno Jaime Vera.

Na súa intervención, Méndez López expuxo o modelo de xestión municipal socialista que desenvolve no Concello lucense fronte ao populismo, destacando que, a diferencia da política opinión, a política baseada na acción de goberno require estudo, “non só da viabilidade das propostas, senón da viabilidade legal, require acción e elección”. O populismo “só require satisfacer un instinto proteccionista natural nun contexto de crise, ter un inimigo”, e propón solucións reactivas sen fundamento co único fin de buscar unha alta rendibilidade electoral.

A política opinión, deste xeito, “non pode satisfacer, máis alá da expectativa xerada, a demanda real da poboación”, subliñou a presidenta socialista provincial, poñendo como exemplo que Reino Unido é menos sen a Unión Europea, polo que augurou que “a rendición de contas, as eleccións, van varrer do mapa as opcións populistas”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com