A Confederación Hidrográfica inicia un expediente sancionador contra o Concello

A Confederación Hidrográfica ven de abrir un expediente sancionador contra o concello de Lugo polos verquidos de augas residuais que, durante anos, veñen sufrindo as veciñas e veciños da Garaballa. O BNG denunciou en numerosas ocasións esta situación e trasladou á comisión municipal correspondente a demanda da veciñanza que levan anos sufrindo cheiros e mosquitos polas augas residuais que van directamente na parte alta do río Rato. O BNG reclamou en numerosas ocasións unha solución e, ante a pasividade do goberno municipal, o voceiro, Rubén Arroxo, trasladou este asunto ao  SEPRONA e a Confederación Hidrográfica.

Rubén Arroxo lembrou que o BNG levou, por última vez, este tema á comisión de Infraestruturas o 22 de setembro do 2016 e a resposta do concelleiro foi, segundo figura na acta a seguinte: que se está revisando e cando se definan que actuacións se deben acometer procederase a levalas a cabo. “O BNG deu o paso de acudir á Confederación Hidrográfica e ao SEPRONA ante a inacción do goberno municipal, por que as veciñas e veciños non poden seguir vivindo a carón dunha cloaca e soportando todas as molestias que trae consigo na súa propia casa” dixo Rubén Arroxo.

A apertura de este expediente sancionador, segundo figura no propio documento, é debida, segundo o propio expediente “a vertido directo ao caudo do arroio San Salvador, sen autorización previa deste organismo de conca, de augas residuais procedentes do aliviadeiro As Termas, causando danos ao dominio público hidráulico, no barrio da Garaballa”. No seu momento, foi o SEPRONA que tomou as mostras de auga para analizar as características e o grado de contaminación das mesmas. O voceiro do BNG anunciou que “seguiremos traballando para que, por fin, se dea unha solución e todas as veciñas e veciños da Garaballa poidan abrir as fiestras durante o verán e respirar sen cheiros nin pragas de insectos”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com