A agrupación municipal de Lugonovo convoca para mañá unha charla informativ a sobre a violencia específica que se dá ao redor da discapacidade, e que correrá a cargo da responsable de Muller da Asociación Auxilia. Este encontro terá lugar mañá mércores, 21 de marzo, no local que a formación ten na Ronda da Muralla (164, á altura da Porta Santiago), a partir das 20.00 horas.
Case unha de cada tres mulleres con diversidade funcional (31%) en España asegura ter sufrido ou sufrir algún tipo de violencia física, psicolóxica ou sexual por parte da súa parella ou ex parella, máis do dobre que o resto da poboación feminina, segundo datos dunha macroenquisa elaborada polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade.
Estas cifras denotan non só a conveniencia de responder de forma axeitada ás necesidades do colectivo senón que tamén poñen de relevancia a importancia de avaliar as diversas manifestacións de maltrato que se producen sobre as mulleres con discapacidade como un elemento máis de discriminación que vulnera os seus dereitos e obstaculiza o seu desenvolvemento persoal.