Lugonovo lamenta a falta de avances na revisión do rueiro

Lugonovo preguntará nas Comisións dos próximos días cánto de avanzada se atopa a revisión do rueiro da cidade, unha actuación aprobada por unanimidade no Pleno de outubro de 2016, a instancias da formación. A súa portavoz cre que ano e medio debera ser suficiente para ter, senón rematados, sí, como mínimo, iniciados os traballos que propicien unha nova ordenación das categorías fiscais.

“Consideramos que a aplicación dalgunhas taxas municipais, como pode ser a da ocupación da vía pública, segundo a clasificación actual, equipara, a nivel impositivo, vías dun alto valor comercial e turístico como poden ser a Praza Maior ou Campo Castelo, con outras menos concorridas, véxase Concepción Arenal ou Irmáns Carro, o que contribúe a xerar agravios competitivos e un importante desequilibrio tributario”, sinala Cristina Pérez Herráiz.

A voceira explica que Lugonovo interpela ao goberno por esta cuestión despois de 17 meses sen ningunha noticia sobre a execución do devandito acordo plenario. “Na propia sesión aceptouse a conveniencia de que foran os técnicos competentes os que se encargaran da elaboración dun borrador de proposta que posteriormente ía ser obxecto de debate e estudo polos grupos da Corporación pero, moitas reunións despois da mesa das Ordenanzas, seguimos sen coñecer nin un só dato sobre a tramitación deste asunto”, advirte Pérez Herráiz.

O Grupo Municipal sospeita que a falta de información ao respecto significa que aínda non se deu ningún paso para corrixir a catalogación actual, “o que supón un exercicio perdido, un ano menos no que xa podería estar en vigor outra recadación e outra política fiscal moito máis xusta”, lamenta Cristina Pérez.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com