Máis de 120 empresas de España e Portugal participan na Feira de Mostras de Lugo

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde; a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López; o Presidente da Federación de Autónomos de Galicia, Francisco Javier Pérez Bello; e o director da Feira, Luis Fraga, inauguraron hoxe, no Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo,  a I Feira de Mostras de Lugo. 

Nesta primeira edición da cita, que terá lugar durante toda a fin de semana, participarán máis de 120 empresas de todos os sectores, así como entidades e institucións de toda España e Portugal, que exporán diferentes produtos de alimentación, hostalería, mobles, decoración, informática ou seguros, entre outros.

A Deputación de Lugo contará cun stand con información sobre as reservas da biosfera  e as actividades turísticas e culturais da provincia. Ademais, estará instalada a Axencia de Colocación da Deputación, na que varios técnicos do organismo provincial ofrecerán asesoramento sobre esta nova ferramenta de búsqueda de emprego a todos os interesados que se acheguen á feira.   

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com