O TSXG considera ilegal esixir o B1 para obter un grao universitario

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia considera ilegal nunha sentenza que se esixa o nivel B1 dun idioma estranxeiro para obter un título universitario se este requisito non está incluído no plan de estudos. O caso concreto estudado refírese ao grao en Historia da  Universidade de Santiago de Compostela. Afírmase na sentenza que “se se analiza seguidamente o plan de estudos resumido por módulos e por cursos non aparece por ningunha parte a esixencia de coñecemento do nivel B1 dunha lingua estranxeira, nin sequera de coñecemento transversal”. Así, os maxistrados afirman que, “ao non acharse no plan de estudos aprobado e publicado a esixencia deste nivel da lingua estranxeira, non cabe impoñela para a obtención do título”.

Ademáis aseguran que a autonomía universitaria permite que cada Universidade tome a iniciativa na elaboración do plan de estudos ao comezo do procedemento de verificación e acreditación dos títulos, pero non ampara que, unha vez aprobado e publicado, se introduza esta esixencia do nivel  B1 de lingua estranxeira, como requisito imprescindible para a obtención do título

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com