A alcaldesa do Courel, a popular Lola Castro, valora a próxima sinatura do convenio, tras o acordo que tomou hoxe a Xunta de Goberno na Deputación, para a construción da residencia e centro de día da terceira idade no seu Concello, “o que beneficiará a todos os veciños e veciñas da localidade”.
A rexedora considera que se trata dun compromiso “irrenunciable” co seu Concello, polo que agarda a máxima celeridade nos trámites para a súa construción e posta en funcionamento. En virtude do convenio asinado entre as partes, o Concello achega á residencia 200.000 euros, mentres que a contía restante, 1,2 millóns de euros, os asume a Deputación provincial.
A popular asegura que a Deputación “cumpre así co Courel” dando os pasos para a posta en funcionamento desta nova infraestrutura para un Concello da provincia. Considera que o acordo tomado hoxe na Deputación é froito dun Goberno do PSOE en minoría que se ve obrigado a respectar os acordos tomados no ano 2016, a iniciativa do PP, nos que se fixaba o compromiso claro con esta residencia.