Sesión de contacontos protagonizados por mulleres na Sede Afundación

Afundación, a Obra Social de ABANCA, presenta na súa sede de Lugo  (praza Maior, 16) o ciclo de conta contos para familias Contos para construír. Educación para a igualdade protagonizado por mulleres galegas que destacaron en diferentes ámbitos como a literatura, a pintura ou a ciencia. A actividade celebrarase mañá sábado 24 de marzo, a partir das 12.00 h, e será o grupo Os Piñeiriños o encargado de dar voz ás historias. É preciso inscribirse previamente na web ataquilla.com.

A Obra Social de ABANCA organizou este ciclo para conmemorar o Día Internacional da Muller e co obxectivo de participar na educación en valores dos nenos e nenas e achegarlles o labor de mulleres galegas relevantes da historia. As persoas participantes poderán descubrir así a artista Maruja Mallo, a escritora Rosalía de Castro, a oceanógrafa María de los Ángeles Alvariño e a literata e activista Concepción Arenal. O ciclo de contacontos para familias continuará no mes de maio coa proposta Contos para construír. Letras Galegas para a igualdade que virará ao redor da homenaxeada deste ano, María Victoria Moreno.

Actividade para a Semana Santa

Afundación tamén deseñou unha completa programación de obradoiros dirixida a nenas e nenos de entre 4 e 8 anos en todas as súas sedes de Galicia, para cubrir as vacacións de Semana Santa. Entre Dalí e o Quixote é a actividade organizada na Sede de Lugo  en base á exposición Salvador Dalí, contador de historias na que elaborarán un relato divertido sobre o famoso cabaleiro andante cun obradoiro de estampaxe.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com