O Club Voleibol Emevé soña, soña con seguir loitando por poder estar no máis alto a tempada vindeira, e é que, a pesar das dúas derrotas do equipo masculino no play off, as mozas deron a badalada a semana pasada gañando ao imbatible Madrid Chamberí, e con iso conseguir unha boa posición para o ascenso.
As mozas de José Valle, téñense que desprazar este fin de semana a Elche, para medirse ao CV Elche Viziusport o sábado ás 19:30 horas no pavillón municipal El Toscar. As lucenses enfróntanse no segundo partido dos play off, ás máis fortes do grupo B, debido a que perderon máis nada que un partido en liga e foron primeiras de grupo. Un partido que se presenta complicado, xa que é un rival descoñecido e ao que nunca se enfrontaron .
Os pupilos de Diego Táboada, comezaron mal o camiño ao ascenso. Os dous partidos de play off perdéronos, pero seguen con entusiamo de poder conseguir o obxectivo. Este fin de semana, xogan o seu primeiro partido de play off en casa, polo que pode ser un bo momento para acadar unha vitoria. O sábado ás 20:00 horas no Palacio Municipal de Deportes os lucenses mediranse ao Podes i Tales CV Manacor, equipo que quedou segundo do grupo B, polo que pode ser un asequible partido, pero sempre poñendo o máximo esforzo para levar un bo partido a cabo.