A cicloxéneses Hugo provocou unha forte ventisca que cubriu de neve a montaña lucense deixando espesores de neve de entre 20 a 40 cm en Pedrafita, Courel, Cervantes e Samos. Incluso ás 8 desta mañá estaba cortada a parte de abaixo da Autovía A6 ao seu paso por Pedrafita.
En A Fonsagrada circulase en todo terreno ou con cadeas e o seu espesor é de entre 5 e 10 cm; en Riberia de Piquin sobre 5 cm; en Baleira transitase con dificultade de Corneas ao Restelo cun espesor de 10 cm; en Negueira Muñiz intransitables; en Triacastela 10 cm; Nas Nogais na parte alta 5 cm; en Ribas de Sil na estrada de alto da Moa 10 cm; en Quiroga como estes días unha das máis afectadas entre 30 e 40 cm. todas intransitables; en O Incio a estrada de Megoxe 10 cm.