O PP pide a alcaldesa que esixa a lexislación de riscos laborais para mellorar a seguridade dos traballadores municipais

O PP presentará ao vindeiro pleno unha proposición co ánimo de mellorar as medidas de prevención de riscos laborais no Concello de Lugo. Na iniciativa reclaman a convocatoria trimestral do Comité de Seguridade e Saúde e, en segundo lugar, solicitan que a alcaldesa de conta todos os anos, no pleno do mes de decembro, das medidas que o seu goberno adopta nesta materia.

Antonio Ameijide afirma que “a alcaldesa relaxouse, tamén en exceso,  nesta competencia que depende directamente dela” recriminándolle que “nin tan sequera é quen de acatar a normativa vixente para reunir trimestralmente ao Comité de Seguridade e Saúde” destacando que “en 2016 e 2017 tan só convocou unha reunión anual de puro trámite”.

Ameijide recriminoulle á alcaldesa que “teña desactivado este Comité” e engadiu “o que lle pedimos a Lara Méndez é que cumpra o que di a lei xa que é necesario tomar medidas para reconducir a caótica organización do Concello para desbloquear os problemas enquistados en moitos dos servizos municipais e que se traducen en unha peor atención aos cidadáns”. Ameijide entende que “o Concello de Lugo debe exercer un liderado social exemplar en canto ao cumprimento da lexislación preventiva”.

O voceiro popular aclarou que “as obras suporían a instalación dunha cortiña de aire quente na parte de atrás do edificio do seminario, a reordenación integral da planta baixa destas oficinas con cambio de mostradores. Na casa do Concello tamén se chegou a barallar un orzamento de 9.000 € para climatizar o edificio pero seguimos no mesmo punto que hai tres anos.

Xa no eido máis práctico o popular recriminou “o olvido de Lara Méndez” de facer as obras de climatización, tanto do seminario como da Casa do Concello, así como adaptar o mobiliario para que sexa accesible. Ameijide explicou que “estas medidas levan tres anos sobre a mesa tal e como consta na acta da reunión do Comité de Seguridade e Saúde celebrado o 30 de novembro de 2015”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com