Campos Conde visita o centro de día de Ribeira de Piquín

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e o Alcalde de Ribeira de Piquín, Roberto Fernández Rico, acompañados de centos de veciños supervisaron o resultado das obras do centro de maiores público que financia a Deputación en dito municipio lucense. Fixérono este sábado logo de participar na xuntanza de maiores que organiza o Concello e no que participaron uns 170 veciños. Xunto a eles, Campos Conde e Fernández Rico, visitaron ás instalación do centro de día, situado na antiga escola do Chao do Pousadoiro. Trátase dunha infraestrutura na que a Deputación leva investido uns 275.000 euros e que poderá ofrecer 24 prazas.

Campos Conde destacou que “é un pracer acompañarvos nesta xuntanza na que durante unhas horas eu tamén son veciño de Ribeira de Piquín. Vervos hoxe aquí, xuntos e celebrando, dáme forzas para continuar traballando en defensa do noso rural porque hoxe amosades que o rural aínda ten futuro”.

“É por iso polo que dende o Goberno, e dentro da nosa aposta por ser unha Deputación coas persoas, social e sumamente rural, decidimos poñer en marcha unha rede de residencias e centros de día públicos nos Concellos da provincia co fin de mellorar a calidade de vida dos nosos maiores, especialmente os que vivides no rural. E fixémolo en colaboración cos Concellos e sen apoio da Xunta de Galicia, que é a administración coas competencias na materia, porque somos coñecedores da necesidade deste tipo de infraestruturas na provincia de Lugo, que conta cunha poboación dispersa e envellecida”, apuntou.

Fernández Rico agradeceu ao Presidente “o seu compromiso real co rural da provincia” e destacou que “o centro de día cambiará o futuro dos veciños do noso Concello, no que case o 50% da poboación supera os 65 anos”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com