ACE-Eu teme que a cesión de terreos ao CD Lugo só beneficie ao empresario da S.A.D.

O grupo municipal Alternativa Cidadá de Esquerdas- Esquerda Unida cuestiona a conveniencia de ceder terreos municipais a unha Sociedade Anónima Deportiva como o CD Lugo coas accións monopolizadas por un único empresario, ante a plausible posibilidade de que o clube sexa vendido a unha multinacional como tantos outros da súa categoría e os terreos públicos pasen a ser explotados baixo criterios de negocio privado.

ACE-EU advirte de que Frisaqués SLU, a empresa que resultou adxudicataria no proceso de enaxenación de acción do CD Lugo SAD, que eran propiedade da Deputación e do Concello de Lugo; gañou o concurso únicamente pola oferta económica e que non acreditara de xeito suficiente o seu proxecto deportivo, tal como esixían as bases. Frisaqués SLU non prantexou un proxecto deportivo definido con contía, financiamento e período de execución, e tampouco acreditou a súa permanencia no accionariado da SAD nin a súa participación de xeito directo nos órganos de xestión do clube, tal como manifestou públicamente a propia Deputación provincial en varias ocasións.

Foi chamativo no seu día que a documentación presentada por Frisaqués para o concurso público non aportase ningún orzamento, memoria de actuación nin ningún tipo de previsión de realización das obras nin de implementación de formación de categorías inferiores, como así concluíu EAMAP (Asociación Profesional Arbitraje y Mediación), a entidade encargada de analizar a viabilidade do devandito proxecto.

“Estáse a fiar un espazo público a unha suposta cidade deportiva e unha academia de fútbol base que non foi comprometida nin pormenorizada por escrito en ningún momento, de feito o propio presidente do clube só fala de construir de inmediato un campo para o entrenamento do equipo de máxima categoría, cando na actualidade xa dispón dun campo axeitado para tal fin. Non adquiriu en ningún momento un compromiso real de investir nas categorías formativas. De feito, a única evidencia práctica que temos é que a directiva está a recortar as propias categorías inferiores, deixando aos máis pequenos sen a súa actividade sen previo aviso, o que xerou malestar entra as familias usuarias”, sinala Carlos Portomeñe, voceiro de ACE-EU.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com