O PP pide aumentar os fondos dirixidos á conservación da rede viaria da Deputación

O Grupo Provincial do Partido Popular pide que o Goberno da Deputación de Lugo incremente a partida que se dirixe nos Orzamentos deste ano á conservación da rede viaria de titularidade do organismo lucense. A través dunha moción, que se debaterá no Pleno do vindeiro martes, os populares esixen o compromiso do executivo socialista para que se destine unha maior achega económica á conservación do conxunto da rede viaria provincial con cargo aos primeiros remanentes que se xeren do exercicio anterior e que non estean comprometidos, de modo que se incorporen ás contas de 2018.

En reiteradas ocasións os populares expuxeron que a conservación das estradas que vertebran o territorio lucense debe ser un dos acometidos primordiais da Deputación de Lugo e máis “cando moitas destas vías son o principal enlace de comunicación entre os núcleos pobacionais da provincia”. En concreto, dende o Grupo Popular precisan que traslada de novo á sesión plenaria unha demanda dos lucenses que esixen unha maior sensibilidade por parte do organismo provincial para que as estradas reúnan as condicións axeitadas para a circulación dos vehículos.

Deste xeito, o PP pide ao Goberno socialista a mesma sensibilidade dende a responsabilidade que ocupa que a que “manifestou en reiteradas ocasións á hora de pedir o arranxo de estradas de titularidade doutras administracións públicas. En Pleno aprobáronse iniciativas nas que instábamos a outras institucións ao arranxo das vías da súa competencia, polo que consideramos que o compromiso debe ser o mesmo por parte da Deputación de Lugo, sendo necesario e imprescindible que a institución lucense reforce e incremente fondos e recursos para a conservación da rede viaria provincial”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com