A Xunta investirá 160.000 euros no arranxo da estrada que une Becerreá con Vilar de Ousón

O candidato popular á alcaldía de Becerreá, Miguel Cela acompañado do secretario xeral do Partido Popular na provincia, Jose Manuel Balseiro, mantiveron esta mañá un encontro co director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez para comprobar o estado da petición de arranxo da estrada que une o núcleo de Becerreá con Vilar de Ousón.

O responsable autonómico confirmou que os servizos técnicos da Axencia elaboraron un proxecto de mellora desta estrada –que conta cun orzamento inicial previsto de 160.000 euros– e quen sinalou tamén que a intención deste organismo é iniciar as obras de arranxo en canto as condicións climatolóxicas así o permitan.

O candidato popular impulsou esta xestión diante do organismo da Xunta encargado da mellora da rede viaria autonómica co obxecto de trasladarlles de primeira man as peticións dos veciños da zona, que daban conta da necesidade de actuar nunha vía deteriorada co paso do tempo e coa intensidade de circulación de vehículos, nun treito de gran uso pola poboación da zona.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com