A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, que dirixe Carmen Basadre, preparou, xunto 7 grupos teatro de Lugo, unha actividade para conmemorar o Día Mundial do Teatro, que arrincou ás 18:00 horas.
Lucho, Hipócrita, Achádego, Microefectos, Palimoquiños, Lucecús e Ítaca fixeron intervencións de microteatro en distintos puntos da Praza Maior ao longo desta tarde, rematando coa lectura dun manifesto, diante a Casa Consistorial.
Anteriormente á lectura, Carmen Basadre agradeceulles a todas e cada unha das persoas participantes o papel tan importante que representan hoxe e durante todo o ano na cultura de Lugo e convidounos a seguir facendo traballando por facer pensar e rir a Lugo.