Un octoxenario perdeu a vida esta tarde tras sufrir un accidente de tráfico co seu vehículo cando circulaba pola N-VI en sentido a Madrid.
Segundo os datos facilitados polo 112 Galicia, o sinistro ocorreu ás seis desta tarde, cando o turismo no que viaxaba a víctima saíuse da vía e chocou contra unha farola. Como consecuencia do impacto, o home quedou atrapado no interior do vehículo, polo que tiveron que intervir os bombeiros da cidade.
Unha vez liberado, a vitima foi atendido por un equipo do 061-Urxencias Sanitarias, pero nada puideron facer para salvarlle a vida.
Este operativo activouse logo de recibir no CIAE 112 as chamadas doutros condutores que informaban do accidente e solicitaban asistencia médica urxente para o único ocupante do vehículo, que, finalmente, resultou falecido.