Segundo informa Manuel Martínez Vicepresidente da Deputación e responsable de Xestión Territorial, o estado da rede viaria provincial ás 12 da mañá era o seguinte: A Fonsagrada espesor da neve 3cm. transítase.
Negueira Muñiz espesor da neve 10cm. A pique de abrir.
Navia de Suarna espesor da neve de entre 5 e 10cm. nun par de horas quedará limpo.
Courel neve de entre 10 a 15 cm. estase terminando de abrir. Na Teixeira controlado.
Samos neve con espesor máximo de 5cm. transítase.
Quiroga neve de 10cm. nestes momentos practicamente aberta.
Pedrafita neve de entre 10 a 15cm. estrada principais de acceso totalmente abertas. Unha máquina está dedicada en exclusiva a manter limpos as estradas , non hai que esquecer hoxe celebrasde a Feira do Queixo do Cebreiro.
Cervantes neve de entre 10 a 15 cm. Un camión cuña da Deputación está a realizar os traballos de limpeza facendo tamén nas estradas do Concello. Un pick up e dous tractores con coitela e saleiro; tomouse esta medida ante a inseguridade da empresa concesionaria.
Becerrea 3 cm. en Louxas.
Triacastela 5cm. no alto de Albela
As Nogais 3cm de neve en partes altas, transítase.
Piornedo problemas con automóbiles que cortan a estrada. Hainos aparcados a ambos os lados, estase intentando pasar cara Suarbol unha vez se libere a estrada. Sen embargo as cousas poden empeorar òr mor da neve que esta a caer nestes momentos en moitos lugares da provincia. Antes de saír de viaxe deberán consultar coas autoridades e servizos que prestan información sobre o estado das estradas.
Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales coma reconocerte cando volves á nosa web ou axudar ó noso equipo a comprender qué seccións da web atopas máis interesantes e útiles.