Cae unha furgoneta nun patio en Becerreá

Produciuse un accidente  en Becerreá que provocou a caída dunha furgoneta ao patio dun edificio.

Sucedeu  sobre as oito da tarde de onte na Rúa Carlos III do municipio lugués e ata alí desprazouse un equipo médico, que atendeu ao ocupante do vehículo ferido de diversa consideración.

Desde o 112, enviouse aviso aos bombeiros de Sarria, así como aos membros do GES de Becerreá, que confirmaron que o ferido estaba liberado e accesible e, polo, tanto non precisaba dos medios de excarceración para saír do vehículo sinistrado.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com