A neve caída no día de hoxe está a dificultar a circulación nalgunhas estradas da rede viaria da provincia. O 112 Galicia recibiu chamadas de conductores que informaron dos problemas provocados pola neve nalgunhas vías. Así, o condutor de autobús de liña, con 24 pasaxeiros a bordo, avisou ao 112 de das dificultades para avanzar na estrada Lugo-Santiago, ao paso polo Alto do Picato.
Desde o CIAE 112 Galicia pediuse a colaboración da Garda Civil de Tráfico, que informou da presenza de máquinas quitaneves pola zona que restablecerían as condicións de seguridade na vía.
Ademais, varios vehículos tiveron problemas para avanzar pola A-54, en sentido Lugo, á altura do Monte de Meda. Segundo indicaron desde o servizo de limpeza e mantemento do Ministerio de Fomento, tamén as máquinas estaban traballando por esa zona.
Igualmente, o 112 Galicia rexistrou chamadas de usuarios que alertaban dos problemas para transitar pola LU-5601, en Samos; LU-530, en Baleira; no Alto do Montouto, en Guntín; na Fonsagrada, en Negueira de Muñiz e en Cervantes.