A Xunta vén de adxudicar as obras de mellora da drenaxe da estrada LU-160, no concello lucense de Mondoñedo, por valor de 137.194,70.
A obra iniciarase no mes de maio e ten un prazo estimado de execución de 10 semanas.
A actuación agora contratada, consiste na substitución da obra de drenaxe transversal deteriorada, co fin de reforzar a estrutura da estrada e a capacidade de desaugue da mesma.
Na intervención tamén se inclúe o fresado sobre a capa de firme actual a cada lado da escavación co fin de mellorar a adherencia e a conexión coas zonas adxacentes e tratando de homoxeneizar, na medida do posible, as capas de firme que se repoñen e as que non se ven afectadas coa actuación.
Tamén se prevé a reposición da sinalización vertical, horizontal, balizamento e da barreira de seguridade.
A Consellería de Infraestruturas e Vivenda continúa traballando na mellora de rede viaria autonómico co obxectivo de proporcionar unhas estradas cómodas e seguras e potenciar o desenvolvemento económico e social dos municipios galegos.