A Consellería do Mar destinou preto dun millón de euros ás melloras nos peiraos comerciais da Mariña

A Xunta de Galicia, a través de Portos de Galicia, destina preto dun millón de euros ás obras de mellora focalizadas nos peiraos comerciais de titularidade autonómica da comarca da Mariña no que vai de lexislatura. Así o contempla o informe do ente público sobre investimentos dende 2016.

 Por zonas administrativas, a Zona Norte -costa cantábrica- foi a que recibiu maiores investimentos, cunha achega global de preto dun millón de euros, dada a relevancia dos seus peiraos comerciais. Deste importe, 350.000 euros destináronse a reparacións e obras menores, como as pavimentacións de Ribadeo,  as melloras eléctricas en Burela. Ademais, destináronse 240.000 euros á primeira fase da mellora de defensas e medios de amarre en Celeiro-Viveiro e están comprometidos 400.000 para a segunda fase desta mesma obra no exercicio actual.

 Dende Portos de Galicia mantense unha liña de investimento específico para estas dársenas, co dobre obxectivo de captar novos tráficos e consolidar os actuais e manter permanentemente actualizadas as medidas marcadas pola normativa internacional neste sentido.

 Esta estratexia de focalización do investimento sobre os portos comerciais está a dar resultados e unha mostra é o incremento permanente dos tráficos de mercadorías que se desenvolven nestas dársenas.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com