Aberto o prazo de inscrición para os Cursos Primavera Segura

O Concello abre hoxe o prazo de inscrición ata o 13 de abril para participar nos VII Cursos de Primavera Segura que terán lugar no Parque Infantil de Tráfico López Mella a partir do 30 de abril. Trátase dunha iniciativa, dirixida a nenos e nenas entre 8 e 14 anos que, un ano máis, achega aos cativos nocións de seguridade viaria e condutas seguras.

Este proxecto posto en marcha polo Concello xunto á Dirección Xeral de Tráfico, afonda en hábitos correctos tanto en vías urbanas como interurbanas, seguridade e situacións reais, entre outros a través de clases teóricas e prácticas. As persoas interesadas en participar poden anotarse no Parque Infantil de Tráfico ou na Xefatura Provincial de Tráfico, en horario de 09:00 a 13:30 horas. Deberán achegar a solicitude debidamente cumprimentada, a autorización familiar e unha fotocopia do DNI ou do Libro de Familia. A lista de admitidos publicarase o 23 de abril no taboleiro de anuncios do Parque Infantil de Tráfico, na páxina web do Concello e na Xefatura de Tráfico. A inscrición é de balde.

O Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, subliñou a importancia de ensinar dende idades temperás coñecementos no eido da seguridade viaria. O edil destacou que isto é posible grazas a este tipo de iniciativas coas que o Goberno está moi comprometido.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com