Lugo recibe en marzo un 37% máis de turistas

Lugo aséntase no mes de marzo co 37% máis de turistas con respecto ao mesmo mes do pasado ano, e un incremento do 24% das persoas visitantes estranxeiras, en comparación co mes anterior. Deste xeito, pola Oficina Municipal de Turismo pasaron máis de 2.400 persoas, e polos museos municipais, máis de 4.200, sendo a Casa dos Mosaicos o centro máis visitado.

As e os visitantes foráneos que se achegaron a Lugo proceden maioritariamente de Francia, Arxentina, Portugal, Alemania, Estados Unidos, Reino Unido, Italia e Brasil. Por outra banda, os nacionais proceden de Madrid, Castela e León, Cataluña, Andalucía e País Vasco, entre outros.

Para a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, estes datos non fan máis que reafirmar o esforzo conxunto de promoción realizado tanto polo propio Concello como por diversas asociacións e colectivos e a cidadanía en xeral, “para que Lugo sexa o espazo que se busca fóra do sol e praia”.

Con respecto á Semana Santa, a edil confirmou que deixa un bo balance turístico con preto de 4.000 persoas tanto na Oficina Municipal de Turismo como na rede museística da entidade local, unhas cifras que engrosan co intenso movemento de persoas que se achegaron ao Vello Cárcere. Neste centro cultural, o Concello ofertou a posibilidade de ver distintas películas de temática relixiosa, perto abordada dende moi diferentes puntos de vista e xéneros heteroxéneos, nas que participaron máis de 125 persoas, así como visitas guiadas, que rexistraron dende xoves a domingo a participación de máis de 100 persoas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com