‘Tolas de alegría’, no ciclo Mulleres de Afundación

Afundación, a Obra Social de ABANCA, continúa co ciclo de cinema ‘Mulleres’ na súa sede de Lugo coa proxección, mañá martes 3 de abril, a partir das 20.00 h, do filme Tolas de alegría. A entrada é libre e gratuíta ata completar a capacidade.

Este ciclo de cine é parte da programación que a Obra Social de ABANCA deseñou para conmemorar o Día Internacional da Muller. A derradeira proxección na Sede Afundación de Lugo será o 10 de abril con As inocentes. Comedia e drama reúnense en Tolas de alegría, un filme de Paolo Virzì (2016).

Beatrice é unha condesa millonaria que no seu momento albergou gran poder e influencia social. Por outra banda, Donatella é unha moza introvertida e de aspecto fráxil. Ambas comparten un pasado tormentoso que fai que terminen nunha institución para tratar enfermidades mentais. Alí coñécense e deciden fuxir do centro, emprendendo así un Thelma e Louise á italiana repleto de sororidade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com