Máis de 430 persoas participarán nas actividades medioambientais da Deputación

O Deputado de Medio Ambiente, Argelio Fernández Queipo, presentou este luns a nova programación de actividades medioambientais e gratuítas que ofrece o Goberno da Deputación e nas que poderán participar máis de 430 persoas de todas as idades. Trátase das novas actividades do segundo trimestre do Centro de Interpretación Terras do Miño, situado no paseo do Río Rato na capital luguesa. Fixoi no Centro de Interpretación Terras do Miño onde visitou aos alumnos que participan no campamento urbano. Os interesados en participar poden inscribirse en www.deputacionlugo.gal e no teléfono 982 22 78 12.

Fernández Queipo subliñou que “con estas actividades buscamos achegar a natureza a todas as veciñas e veciños da provincia a través de cursos, obradoiros, conferencias ou xornadas sobre a conservación do medio ambiente e o seu coidado, unha tarefa que nos implica a todos. Precisamente, o día 5 de xuño, con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente, teremos unha conferencia para tratar o tema da expansión das especies exóticas invasoras”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com