A Concellería de Benestar presenta os actos do Día Internacional da Muller

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, presentou esta mañá o programa de actos previstos para a celebración do Día Internacional das Mulleres o próximo domingo 8 de marzo.

A responsable da área de Igualdade, explicou que os actos comezarán o propio domingo 8 de marzo ás 11.30 coa actividade Traballadoras artesás: acubillo de creatividade, produtividade e integración en colaboración coas asociacións Corazóns Artesáns e Asociación Penitenciaria Concepcion Arenal. Tamén haberá unha actuación da Asociación Cultural Bolboreta Fiandeira. A continuación, ás 12.00 horas, comeza a XII Marcha pola Igualdade polo adarve da Muralla e con saída dende a Praza Maior.

O ramo final para ese día é o concerto con entrada gratuita da artista portuguesa Marta Ren, considerada unha das mellores voces do soul, a partir das 19.00 horas no Auditorio Gustavo Freire.

O luns 9 de marzo ás 12 horas no Salón de Plenos farase a entrega dos premios Entre Mulleres, que este ano recaen nas xornalistas Erika Reija e Ana Expósito, así como na ex-concelleira Branca Rodriguez Pazos.

Ás 19.30 horas tamén haberá unha mesa redonda na que baixo o título Impacto socioeconómico da crise na vida das mulleres coa participaicón das Secretarías da Muller dos Sindicatos CIG, CC.OO. e UXT.

Os actos rematan o mércores 11 de marzo ás 18 horas no salón de actos do Centro de Convivencia Uxio Novoneyra cunha conferencia sobre As irmáns Fernández de la Vega.

Durante o mes de marzo celebraranse actividades de concienciación en diferentes espazos municipais como son as ociotecas nas que se desenvolverá o programa Aprende Xogando de fomento da igualdade. Tamén durante este mes a exposición Elisa e Jimena Fernandez de la Vega, que foron as primeiras mulleres licenciadas en Galicia e Asturias percorrerán diferentes centros educativos e sociais da cidade. Esta exposición está elaborada por profesores e alumnos do IES Lucus Augusti.

O Auditorio Municipal Gustavo Freire acollerá unha exposición das imaxes participantes e premiadas nos certames de fotografía Revelando o machismo que se poderá visitar ata o 31 de marzo. Ademais tamén dende as bibliotecas do Centro de Convivencia de Fingoi e do Parque da Milagrosa promocionaranse os libros dedicados ou escritos por mulleres.

 

 

 

 

Escoitámola:

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com