A TIC promociona A Fonsagrada coa gravación da V Ruta Cicloturista dos Lobos

A Fundación TIC da Deputación colabora por quinto ano consecutivo co Concello da Fonsagrada na promoción da Ruta dos Lobos, que este ano se celebra o sábado, 7 de abril, coa participación da Asociación Deportiva Fonsagrada Balompié. O patrón da TIC e Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos, dixo que “nos sumamos a esta proba cicloturista coa elaboración de audiovisuais e reportaxes para contribuír á posta en valor do excepcional patrimonio cultural e paisaxístico da bisbarra fonsagradina e á dinamización do noso rural”.

Durante a presentación Santos Ramos estivo acompañado polo Alcalde da Fonsagrada, Argelio Fernández Queipo, o técnico de deportes, Enrique Fernández e o animador deportivo, Silván Palmeiro, nun acto no que se proxectou o audiovisual da ruta do ano pasado elaborado pola TIC.

O patrón da Fundación afirmou que “este é un exemplo máis de cooperación cos Concellos e de apoio ao tecido asociativo da provincia, neste caso, á Asociación Deportiva Fonsagrada Balompié, unha organización formada basicamente por mozos fonsagradinos, que son a mellor garantía de futuro do noso rural. Iniciativas coma esta xeran riqueza , directa e indirecta, e promoven un turismo sustentable”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com