Emprendedores da Mariña recibirán asesoramento para impulsar os seus proxectos

A sede da Fundación Comarcal de Mondoñedo acolle desde hoxe e durante cinco meses a terceira edición do espazo coworking da Mariña lucense, na que os emprendedores responsables de 22 proxectos empresariais da zona accederán a formación e orientación individualizada para a posta en marcha e consolidación das súas iniciativas empresariais.

Os emprendedores que se formarán na aceleradora de Mondoñedo, na que ata agora se desenvolveron 44 proxectos, despregarán as súas actividades empresariais nunha variedade de sectores produtivos que van desde o agroalimentario ata o industrial, pasando polos servizos e a importación, e inclúen propostas innovadoras no ámbito da Industria 4.0 e na explotación gandeira, entre outras.

A Conselleira de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape e en colaboración coa Escola de Organización Industrial (EOI), creou a rede de espazos coworking para favorecer o desenvolvemento de proxectos empresariais e a creación de emprego sobre o territorio.

Nestes espazos, os novos emprendedores, ademais de recibir asesoramento á medida sobre a posta en marcha das súas empresas, coñecen polo miúdo os instrumentos de apoio dos que disporán para a consolidación dos seus proxectos unha vez rematado o seu período formativo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com