A voceira do Grupo Provincial do PP, Elena Candia, asegurou hoxe tras a celebración do Pleno extraordinario convocado polo PSOE que “a petición máis acertada é que alguén neste Goberno asuma a súa responsabilidade e presente a dimisión porque isto é francamente vergoñento”.
Así o demandan logo de asistir a un Pleno que convocou o PSOE e que os mesmos socialistas retiraron, unha situación que os populares consideran “esperpéntica”. Os populares explicaron que o único argumento que teñen ambos, PSOE e BNG, é ir contra o PP e non hai que facer moita valoración, “os feitos e a realidade superan a ficción”. Un BNG roto ao que lle falta o 50% e un PSOE que tampouco vai na mesma dirección. “A institución non merece a esta xente, alguén ten que presentar a dimisión, hoxe decidíase algo que afecta a 7 millóns de euros da institución e creo que as cousas se teñen que facer con outra seriedade”, apuntou.
A popular indicou que o seu Grupo tende pontes de consenso, “pero os socialistas usan a institución para darse bofetadas, agora din que van aprobar o que hoxe levaban ao Pleno en Xunta de Goberno e entón para qué convoca este pleno e dan esta imaxe dantesca?”.
Recordou que as residencias nacen no ano 2010, polo que son 8 anos cun proxecto que todo o mundo coñece e que deu lugar a un investimento de 12 millóns de euros. Intentamos explicar o que pasa, pero non é fácil este esperpento. Somos 12 de 25 e apartáronnos do Goberno para restablecer a normalidade democrática e hai poucas Deputación en España con tantos capítulos tan desacertados e alguén ten que asumir a responsabilidade”, insistiu.