‘As inocentes’ pecha o ciclo de cine «Mulleres» na Sede Afundación de Lugo

Afundación, a Obra Social de ABANCA, continúa co ciclo de cinema Mulleres na súa sede de Lugo (praza Maior, 16) coa proxección, mañá martes 10 de abril, a partir das 20.00 h, do filme As inocentes. A entrada é libre e gratuíta ata completar a capacidade. Este ciclo de cine é parte da programación que a Obra Social  de ABANCA deseñou para conmemorar o Día Internacional da Muller.

Anne Fontaine dirixiu no 2016 As inocentes, película que retrata a situación que se atopou a médica Mathilde Beaulieu ao chegar á fronteira entre Alemaña e Polonia tras terminar a II Guerra Mundial. Fora enviada pola Cruz Vermella para repatriar os prisioneiros franceses feridos, pero unha vez alí descobre que gran parte das irmás do
convento están embarazadas por soldados do Exército Vermello. O filme convida a reflexionar sobre o papel da muller nesa etapa.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com