Jaime Castiñeira afirma que López Orozco é incapaz de rematar o PXOM

O voceiro popular Jaime Castiñeira afirmou esta tarde que a reunión de hoxe para avanzar no 5% do PXOM chega dous anos tarde lembrando que o Grupo Popular reclamou manter esta mesma xuntanza unha vez que se recibiu a orde da Xunta de abril 2013.

“Tardaron en reaccionar dous anos facendo oídos xordos a nosa petición de que xa ao día seguinte da emisión deste informe, se solicitase unha reunión a tres bandas entre Concello, Xunta e Confederación Hidrográfica.

Nos plans de inundabilidade que demandaba a administración, entre outras cousas, reclamabase que se grafiase o rio Rato dende As Gándaras ata Paraday. De feito Castiñeira botou en falla que o goberno local non invitase ao encontro desta mañá á Confederación Hidrográfica do Norte.

“Por moito que intente axilizar agora, Orozco sabe que acabará este cuarto mandato sen aprobar o PXOM”, afirmou Castiñeira, salientando que “aquí non caben excusas, non se fixo o que se tiña que facer por parte do goberno”. Os populares consideran “decepcionante” que, logo de 16 anos de goberno de Orozco, Lugo siga sen ter aprobado na súa totalidade o PXOM. Castiñeira concluiu “ata que non haxa un cambio de goberno os lucenses non teremos o PXOM aprobado”.

O Voceiro do Goberno local e Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, calificou de “ambigüo” o resultado xuntanza, que se celebrou a instancias do Concello de Lugo e tivo lugar no Salón de Sesións da Casa do Concello.

Álvarez agradeceulle a Secretaria Xeral de Urbanismo que accedese a acudir á reunión pedida polo Concello para debater sobre a parte do PXOM pendente de aprobación, pero manifestou que trala xuntanza “ábrese un escenario incerto” .

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com