Catro alumnos da Facultade de Ciencias de Lugo, da Universidade de Santiago de Compostela recibiros os seus premios Extraordinarios de Grao e Máster tras finalizar os seus estudos no curso 2016/2017. Os alumnos premiados foron polo Grao de Nutrición Humana e Dietética os alumnos Nahuel Gustavo Picchi Figueira e Andrea Paola Román Eyo e do Grao de Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais a estudante Tamara Gómez Sandamil.
En canto á concesión do Premio Extraordinario de Máster, a alumna galardoada foi María del Rocío López López, graduada en Enfermaría na Escola de Lugo e xa premiada anteriormente coa distinción O teu esforxo ten premio en Lugo 2015/2016. Esta vez, o premio extraordinario foi grazas á boa resolución do Máster de Prevención de Riscos Laborais e Saúde Medioambiental.
Grazas ao seu esforzo, estes alumnos recibirán unha certificación conforme ao modelo establecido pola secretaría xeral; ademáis se incluirá tanto no Título como no Suplemento Europeo ao mesmo, documentos que obterán sen taxas de expedición, tamén grazas a este galardón.