O Pavillón Municipal vibrará esta fin de semana cos encontros de play offs do Emevé

O Pavillón Municipal de Lugo volve vibrar esta fin de semana con dous grandes encontros por parte dos conxuntos que están a disputar os play offs de fase de ascenso á máxima categoría. O sábado ás 20:00 horas é a quenda dos mozos de Diego Taboada, que se enfrontan ao CV Leganés. Na primeira volta da competición de play offs foron os madrileños os que levaron a vitoria, pero os lucenses tentarán que este fin de semana os tres puntos queden na marcadora de casa. O conxunto lucense, non está pasanado polo mellor momento da tempada e iso a estar alturas pasoulles factura. Seguen coas ganas de loitar e demostrar o seu bo xogo, e queren terminar a tempada con bo sabor de boca.
O domingo ás 12:00 horas é a quenda das mozas, a quenda das Guerreiras Lucenses que están a facer vibrar ao voleibol galego coa súa excelente fase de ascenso. Este fin de semana enfróntanse ao único equipo que puido coas galegas nesta fase de ascenso: o CV Elxe Vizusport. Un partido difícil para o conxunto que dirixe Jose Vale, pero que tras as vitorias que acadaron, nada lles minou para conseguir o ansiado obxectivo deste ano. As lucenses esperan realizar un bo partido, co seu xogo e cun nivel moi alto, demostrando o válidas que son para ascender á máxima categoría.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com