As Fontiñas recupera o espírito medieval

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, ofreceu este sábado o pregón da VII Feira Medieval de Fontiñas, unha cita coa que un ano máis colabora o Concello, pois potencia a actividade económica e social do barrio e axuda a facer cidade.

A Alcaldesa de Lugo, o Voceiro Municipal, Miguel Fernández, e as concelleiras de Benestar Social, Igualdade e Inclusión; e Concello e Cidadanía, Ana Abelleira e Rosana Rielo, achegáronse á Praza do Camiño Primitivo para escoitar o pregón deste encontro, que reúne ata mañá uns 60 postos de artesanía e alimentación, ademais de actuacións musiciais e atraccións.

Posteriormente, e xunto con representantes da organización, fixeron unha visita aos stands participantes na feira, impulsada pola asociación de hostaleiros da zona, que xa é cita obrigada no calendarios dos e das lucenses.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com