25 profesionais na XII Feira da Artesanía do Ferro de Riotorto

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, o Alcalde de Riotorto, Clemente Iglesias González, e o Presidente da Asociación de Ferreiros, José Manuel Cobo, xunto a outras autoridades, inauguraron este domingo a XII Feira da Artesanía do Ferro de Riotorto. O Executivo Provincial colabora con esta cita achegando 11.000 euros co fin de dinamizar a economía local e do conxunto da Mariña ao tempo que pon en valor un oficio tradicional da provincia.

 O pregoeiro da feira este ano foi Xosé de Cora, director Xeral do Grupo El Progreso. Nesta edición da feira participan uns 25 ferreiros chegados de Riotorto, Navarra, Santiago de Compostela, O Corgo, Os Oscos, Fonsagrada e Becerreá.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com