O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde; o Alcalde da Pastoriza, Primitivo Iglesias Sierra, e o Presidente da Asociación de Amigos da Feira de Bretoña, Luís Lindín Loisanos, presentaron este luns no CENTRAD, a X Edición da Festa de bola de liscos e das freces da Pastoriza, que se celebrará os días 21 e 22 de abril, na que colabora o Goberno da Deputación cunha achega de 3.000 euros. Ademais nesta ocasión, tamén haberá unha exposición dun selecto grupo de materiais de artesanía como pezas de olería, traxes tradicionais e cestería.
Campos Conde avanzou “que o Executivo Provincial é a unica administración, xunto co Concello, que promove económicamente este evento, no que colaboran diversas asociacións da vila. Esta pasada fin de semana vimos de apoiar a festa dos Ferreiros de Riotorto coa que tamén colaborou o Goberno da Deputación, a anterior semana estivemos en MOEXMU en Cospeito. E esta semana estaremos con vós en Bretoña, na Pastoriza”.
O Alcalde da Pastoriza, Primitivo Iglesias, agradeceu a colaboración da Deputación e convidou a todos os visitantes a achegarse á vila nestas datas. Ademais, avanzou que o Concello está traballando para declarar esta cita gastronómica Festa de Interese Turístico de Galicia.