Suplusa seguirá a folla de ruta programada para as Residencias da Terceira idade

O presidente de Suplusa e alcalde de Becerreá, Manuel Martínez, asegurou hoxe que a Sociedade Urbanística dependente da Deputación seguirá coa folla de ruta establecida ata que se aclare, mediante o informe dun xestor independiente, se realmente é ilegal que a sociedade continúe coa súa encomenda como alega o executivo provincial. Para Martínez, este cambio de pensamento do goberno de Darío Campos, débese a dous motivos: o primeiro sacarlle competencias ao alcalde de Becerreá e, o segundo, levar a cabo unha privatización encuberta deste servizo.

“Entendemos que co acordo do último pleno extraordinario, xa non hai irregularidade, pero un Gabinete Xurídico externo está a facer un informe para saber si é ou non”, explicaba o presidente de Suplusa que non entende a “présa” do goberno socialista “de firmar convenios con raterías políticas”. Martínez asegurou hoxe que se este informe lle da a razón ao goberno da Deputación, el apoiará esa decisión e lles dará todos os documentos que a sociedade urbanística ten sobre as Residencias.

Asemade, Manuel Martínez advertiu ao executivo provincial do “alto risco” que podería supór para a Deputación os contratos que se pretenden asinar coa empresa que leve os servizos “se hai perdas irán para a Deputación, esto é perfecto para calquera empresa que queira crear un nicho de negocio”.

O presidente de Suplusa falou tamén da residencia de Ribadeo, “sorpréndenos que apareza aquí porque non é da Deputación”, esta situación, para Martínez, volve a ser un tema político “esta residencia aparece porque o goberno provincial quere romper o BNG, o alcalde de Ribadeo non está no BNG e podería aterrizar no PSOE”. Para o becerrense todo se traduce “nunha compra de vontades”.

“Intento de desviar a atención”

O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, dementiu estas declaracións do rexedor de Becerreá e subliñou que “son quen son, sei de onde veño e cara onde vou”. Para Suárez Barcia as palabras de Manuel Martínez son un “intento de desviar a atención das actuacións esperpénticas” que está a facer Suplusa.

Suárez Barcia engadiu: “sobre a cuestión da compra de vontades ou non porque a Deputación puidera incluír a Ribadeo neste convenio para a xestión da residencia, máis que compra de vontades o que fixemos foi, diante da pasividade e do pasotismo da Xunta de Galicia, dar resposta á vontade dos nosos paisanos e das nosas paisanas de ter un modelo óptimo de funcionamento para a residencia de Ribadeo”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com