A Alcaldesa expón a ordenanza de seguridade cidadá aos grupos municipais

O Concello de Lugo acolleu hoxe a Comisión de Ordenanzas, onde a rexedora da cidade expuxo aos grupos municipais a proposta de ordenanza de seguridade cidadá elaborada polo Goberno, unha norma básica de convivencia, coa que se cumpre un acordo do Pleno.

A rexedora, que estivo acompañada dun dos redactores da ordenanza, o inspector Jesús Piñeiro da Policía Local, presentou o documento á oposición na Mesa de Traballo de Ordenanzas, tal e como xa anunciara en xullo do pasado ano, cando se puxo en marcha a elaboración desta norma. Dende ese momento, os distintos servizos municipais implicados, como Policía Local ou Asesoría Xurídica, fixeron as súas achegas. Agora, o obxectivo é abrir un espazo de debate para que os grupos da Corporación fagan as valoracións e propostas que estimen co fin de elevar ao Pleno un documento consensuado.

A Alcaldesa asegurou que confía “na responsabilidade individual do cidadán e por engadido da sociedade no seu conxunto”, pero é certo que se producen “certos comportamentos que son desagradables e que á Lei se lle escapan por ser puntuais ou mesmo de repercusión local”, polo que esta norma municipal é necesaria, entendéndoa como unha “ferramenta de disuasión”. “Grazas á súa difusión conseguiremos que a súa aplicación sexa mínima, no sentido de que non faga falta usala”, explicou a rexedora.

A ordenanza protocolariza unha vintena de comportamentos incívicos e insolidarios para poder previlos e eliminalos, como a actividade dos denominados “gorrillas” (actividade ilegal de aparca coches); grafitis e pintadas; atentados contra a dignidade das persoas; necesidades fisiolóxicas en espazos públicos; deterioro do mobiliario urbán ou consumo de bebidas alcólicas na vía pública.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com