A Deputación rende homenaxe a Jorge Tato Rey na XXXV Copa Deputación de Fútbol

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, presentou este sábado no Pazo de San Marcos a XXXV Copa Deputación de Fútbol Memorial Jorge Tato, que organiza o Executivo coa colaboración da Federación Galega de Fútbol. Fíxoo xunto ao Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, ao Vicepresidente da Federación Galega de Fútbol en Lugo, Carlos Méndez Moreira, ao  Concelleiro de Deportes, Miguel Fernández Méndez, e aos familiares do rapaz homenaxeado, Jorge Tato Rey. O organismo provincial achega 100.000 euros á organización deste evento deportivo, no que participarán preto de 300 equipos de todas as categorías do fútbol lucense.

Ademais, en resposta á petición dos propios clubs, o Executivo asume os custes de arbitraxes e desprazamentos. Campos Conde subliñou que “para nós é unha grande satisfacción poder facerlle esta sentida homenaxe a Jorge Tato, cuxos familiares e compañeiros do Vilalbés nos acompañan hoxe, cando se cumpren dous anos dende que nos deixou. Jorge sempre estará no noso recordo e por iso queremos que esta Copa, nun ano especial pois cómpre 35 edicións, leve o seu nome”.

Tras a presentación do torneo, realizouse o sorteo de emparellamentos que terán lugar durante os meses de maio e xuño por toda a provincia. “Con esta iniciativa buscamos fomentar o deporte base lucense, ao mesmo tempo que dinamizamos a economía da provincia, pois a Copa Deputación move a un importante número de persoas, entre xogadores, corpo técnico, afeccionados e familiares, que durante dous meses participarán nos diferentes encontros programados”, apuntou o Presidente.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com