O PP pide un plan de comunicación interno para mellorar a funcionamento do Concello

O Partido Popular propón deseñar un Plan de Comunicación Interno para mellorar  o funcionamento do Concello. O voceiro popular Antonio Ameijide asegura que “o caos que se vive en Lugo, a conta da falta de dirección política de Lara Méndez, desprestixia cada día máis á administración local deteriorando a imaxe dos seus traballadores e da propia institución”, e engade: “Por este motivo cremos que é necesario se implante esta ferramenta para que o Concello recupere o seu prestixio de cara á cidadanía ”.

O popular explica que a distribución dos 700 traballadores municipais nos 133 centros de traballo non favorece a comunicación entre os empregados e a propia dirección do Concello matizando que “este marco propicia a dificultade primeiro, de identificar as persoas dos diferentes departamentos e, segundo, provoca situacións de desinformación que derivan en desmotivación e falta de implicación dos traballadores”.

O voceiro popular afirma que “o deseño deste plan de comunicación traducirase na mellora da eficiencia da organización xa que grazas á correcta transmisión de información o equipo humano sentirase máis integrado aumentando a motivación e o compromiso”. Antonio Ameijide indicou que con este modelo de traballo, no que a información circula de xeito bidireccional, conseguirase “mellorar a rendibilidade e acadar obxectivos concretos en situacións de cambio ou conflitivas”.

O Plan que propón o PP podería dividirse en tres bloques fundamentais de actuación: “a creación dunha nova identidade corporativa, escoita activa dos traballadores, e a ampliación e mellora das canles de comunicación, todo elo coa finalidade de incrementar o sentimento de pertenza á organización”.

Ameijide puxo un exemplo de déficit de comunicación interna como é o caso da Intranet que “no Concello de Lugo é moi básico indicando que funciona para comunicar notificacións sen ofrecer nada máis”. Tamén explica que se podería utilizar para “comunicar información sobre formación, fomentar a participación, traslado de queixas ou suxestións para mellorar o sistema; tamén explicou que a curto prazo habería que establecer un Plan de acollida para que os novos empregados que se incorporen ao cadro de persoal se familiaricen coa imaxe, os valores, misión e obxectivos da entidade.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com