Rescatados os dous tripulantes dun pesqueiro tras afundir en Ribadeo

Ás 10:00 horas desta mañá o CIAE recibía a chamada do persoal da confraría de pescadores de Ribadeo. Indicaban que unha embarcación con dous tripulantes a bordo se estaba indo a pique e que os dous tripulantes xa foran recollidos por outra embarcación da zona.

Con estes datos, pasouse aviso de inmediato a Salvamento Marítimo e informouse á sa de GardaCostas de Galicia, á Garda Civil e aos efectivos de Protección Civil da localidade.  O mesmo alertante indicaba que as dúas persoas tiñan moito frío polo que serían necesarios medios sanitarios. Por ese motivo, tamén se puxo en alerta ao 061-Urxencias Sanitarias, que desprazou ao porto de Ribadeo unha ambulancia medicalizada.

Persoal de Salvamento informou ao 112 Galicia que o afundimento produciuse entre Rinlo e a entrada da ría de Ribadeo, fronte aos Placebos. Trátase dunha embarcación de madeira de nove metros de eslora dedicada ás artes menores, con base en Ribadeo. Unha vía de auga, parece ser a causa do afundimento.

Os dous náufragos foron trasladados polos servizos sanitarios ao Centro de Saúde da localidade con síntomas de hipotermia, un deles xa foi dado de alta e o outro foi derivado ata o centro hospitalario Jarrío (Asturias)  por ser  natural de Navia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com